Bio

Bio

Diego Giráldez

escritor
O meu sangue (2022), Hotel para coleccionistas discretos (2019),Galería de saldos (2016)▪️Opino en @praza.gal e @revistaluzes▪️Invento en @boomcollage diegogiraldez.com

Exercín o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborei como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra ou Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País.

Na actualidade, colaboro no diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundei e dirixín as revistas Kalaikia, Malladoura e CanZine e teño escrito diversos libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016, publiquei Galería de saldos o meu primeiro traballo literario de narrativa, da man da editorial Xerais. Este libro de relatos curtos, valeume o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido “Autor galego do ano” pola revista Fervenzas Literarias. En 2019, publico con Galaxia a miña novela Hotel para coleccionistas discretos e colaboro cos meus relatos en varias obras colectivas, da man da mesma editorial (O libro dos trens, A secreta melancolía da garza, O libro da rosa) ou outras entidades (Su+Ma Creativa, de Afundación) En 2022 viu a luz a miña segunda novela O meu sangue, publicada tamén en Galaxia. En 2024, gañei o XLIII Premio Blanco de Amor de Novela con «As obras póstumas«, publicada por Xerais en 2025. 

En 2010, recibín o Premio Literario “José Saramago” de relato curto; en 2015, fíxenme co primeiro accésit do Certámen Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e un ano despois gañei o premio literario “Manuel Murguía. En 2020 e 2022 quedei finalista do Premio de Xornalismo “Francisco Fernández del Riego”.

Tamén imparto obradoiros de escritura creativa por toda Galicia.

Ademais, no día a día profesional son freelance con máis de 20 anos de experiencia no ámbito da Comunicación. Traballei como director da miña propia axencia durante 5 anos e, despois da aventura, decidín traballar para outras (axencias, consultoras ou directamente con marcas, empresas, administración ou colectivos). Aquí seguimos.